RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: O importante non son eu, o importante é o partido vital ante o Espanyol

Juan Carlos Valerón, que hoxe durante o adestramento realizado polo Deportivo en Riazor, probó no once inicial, manifestó en rolda de prensa que "o importante non son eu. O importante é o partido vital que temos ante o Espanyol&q

O internacional deportivista asegura que a decisión de ser titular ou non depende exclusivamente do adestrador. "Temos que lograr que el tome a decisión sen ningún tipo de presión, pola miña banda nin de ninguén. E que unha vez que o faga sexa sempre para axudar ao equipo, no momento que el considere idóneo".

             Cre Valerón, á hora de falar do Espanyol, que "bastante temos con pensar en nós mesmos", aínda que si recoñece que "se non veñen xogadores importantes pódelles crear algunha dúbida".

              Por outra banda, asegura que o persoal "non ten ningunha queixa da nosa afección. Sempre estiveron aí, apoiándonos, e non teño nada en contra para pensar que van á seguir connosco".

              Valerón mostrouse "con confianza" de que o equipo vai saír cara arriba e recomenda "manter a liña destes últimos partidos. Gañamos dous seguidos, logo empatamos co Xetafe e perdemos en Huelva. Pero creo que esta é a liña".