RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Por sensacións, a derrota da UEFA non nos ten que pasar factura

Juan Carlos Valéron, o capitán do Deportivo, manifestó esta tarde en sala de prensa que o equipo "por sensacións que tivemos durante o partido", non acusará a derrota de onte da Copa da UEFA ante o CSKA. "Adem&aa

Sobre a súa traxectoria na liga, na que de momento non está a ter continuidade, o internacional canario indicou que "son temas propios da dinámica do fútbol. Agora son outros compañeiros os que están a xogar e a nós o que nos queda é tratar de estar o mellor posible para cando o precise o adestrador".

Por outra banda, Pablo Álvarez, que segue un plan específico de recuperación da súa sobrecarga muscular, indicou ante os medios informativos que "tentarei por todos os medios estar dispoñible para o partido do domingo", que será ante o Sporting de Xixón, equipo no que se formou como futbolista e que lle deu a coñecer no fútbol español.