RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Tentarei facelo o mellor posible

Juan Carlos Valerón regresa ás convocatorias. Xa recuperado, está contento por volver ao grupo "é evidente que aínda non estou ao 100%, pero levo toda esta semana e parte da pasada adestrando co equipo, agora é cuestión de ir mellorando con adestramentos

O xogador quixo restar importancia ao "morbo" de que o seu regreso se produza ante o Valladolid "non hai que lembralo como algo malo, aquilo pasou e agora é unha situación totalmente distinta" asegurou. Ademais, descartou sentir presión polo interese xeral no seu regreso "eu tento estar igual que sempre, axudar ao equipo e cando volva tentarei facelo o mellor posible".

E recoñeceu "si, é certo que custou ao equipo atopar un once ou unha dinámica de xogo, pero non por Valerón, senón por todas as ausencias, que foron moitas" e concluíu "o que fai falta é que esteamos todos".