04/06/2009 00:58 |
Principio de acordo para a renovacion de Sergio
O Real Club Deportivo e Sergio alcanzaron esta noite un principio de acordo verbal para a renovacion do centrocampista catalan polas dúas proximas tempadas.
O 11 de febreiro de 2007 quedó gravado na mente de Joan Verdú. Ese día, o Dépor, con 26 puntos e instalado na zona media da clasificación, visitaba ao Vilarreal. Joaquín Caparrós, por entón técnico do Deportivo, deixa de inicio ao medio catalán no banco. O partido ponse de face para o equipo coruñés desde o primeiro tempo, cun lanzamento de Sergio que Senna peitea sen querer á súa propia portería.
No segundo tempo, e co Dépor xa xogando á contra, Caparrós senta no tramo final a Estoyanoff e mete no seu lugar a Verdú. O obxectivo, ser donos da pelota para non pasar abafos co 0-1. Foi precisamente Verdú quen colleu a pelota nunha contra e, co interior, coloca o balón na escuadra da meta castellonenca. Era o 0-2 no minuto 81 e a puntilla definitiva. Ese tanto deu a volta a España e deu a coñecer a un xogador, Joan Verdú, de exquisito trato coa pelota que delata a súa orixe: as categorías inferiores do F. C. Barcelona. "Ese gol foi moi importante para min. Foi o meu primeiro gol como profesional e desde logo que o lembro con moito agarimo".
Agora toca repetir visita a Vilarreal, o actual subcampión de Liga. Joan Verdú confesou ademais en rolda de prensa que Lotina "nos avisou que debido ao tres competicións, ímonos a ter que repartir minutos". O "10" branquiazul lembra que o cadro amarelo ten un gran equipo e destacou a Pires, "Ibagaza... futbolistas que poden decidir nunha xogada".