RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: ''A comuñón entre equipo e afección é máis importante que os puntos perdidos''

  O adestrador do RC Deportivo, Víctor Sánchez do Amo, destacó o “gran partido e o gran esforzo” do equipo branquiazul pero, por encima de todo “o magnífico apoio” da afición coru&ntild

“Xa sabemos que a lei que impera no fútbol é a da efectividade. Tivemos posibilidades de pechar o partido pero ao final o rival foi capaz de facer unha acción de moitísima calidade no último minuto”, analizou o técnico deportivista.
 
O preparador do equipo coruñés quixo “destacar o gran partido e o gran esforzo dos nosos xogadores e sobre todo o magnífico apoio da nosa afección”. Para Víctor, esa comuñón entre equipo e inchada “é moito máis importante que os dous puntos que perdemos”.
 
Sobre a marcha do equipo na segunda volta, Víctor afirmou que “igualamos os resultados que conseguiramos contra os nosos rivais na primeira volta. Propuxémonos igualar eses resultados ou melloralos. Se somos capaces de facelo, faremos unha tempada boísima”.
 
 
Pola súa banda, Gary Neville, adestrador da Valencia CF, afirmou que o seu equipo debería “adiantarse con dous goles de vantaxe no dez primeiros minutos” de encontro.
 
“Estou seguro de que o adestrador do Deportivo estará decepcionado, pero eu estaría tamén moi decepcionado se non conseguísemos o empate”, aseverou o técnico inglés.