RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor, convencido de que o domingo será ''un día magnífico de ambiente deportivista''

  Víctor Sánchez do Amo quixo aproveitar a rolda de prensa desta mañana en Abegondo para "animar a todos os deportivistas non sóo a que estén ás 20.30 no estadio animando ao seu equipo, que estou seguro

Explicou o adestrador branquiazul que o Deportivo aproveitou este parón ligueiro "primeiro para descansar, e logo para acumular traballo tanto no físico como no táctico. E esta última semana a preparación do partido contra o Athletic, claro".

Do rival este domingo ás 20.30 en Riazor (Canle + Liga / Abono Fútbol), dixo que conta "cun magnífico adestrador e magníficos xogadores. É un equipo que evolucionou moito desde a pasada tempada a esta. Ten moitos máis rexistros, non só o xogo áereo que domina perfectamente. Hai xogadores que están a un nivel moi importante e xogadores clave na organización do ataque, como Beñat, Raúl García, Susaeta, Sabín, Williams, Aduriz. Teñen un potencial ofensivo moi grande".
 
Sobre Lux, que esta semana rebaixou a intensidade do seu adestramento, Víctor manifestou que "ten unhas molestias nun adductor. Decidimos que faga un traballo específico nestes días para previr esa zona e darlle a mellor recuperación posible. Mañá contamos con que poida adestrar sen ningún tipo de problema".
 
Respecto ao sorteo de Copa, na que o Dépor quedou emparellado coa Llagostera, o técnico branquiazul subliñou que "aínda queda moito" para esa eliminatoria de dezaseisavos de final, que se xogará no mes de decembro. No entanto, recoñeceu que tenta ver todos os partidos de Segunda debido á súa relación de amizade con Luís Milla, técnico do Lugo, e mesmo desvelou que puido ver o encontro de Liga entre o conxunto lucense e a Llagostera. "Queda moito agora. Temos moito traballo e retos máis importantes que ese inicio de competición copeira", dixo no entanto.