RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor destaca que o equipo ''volveu sobreporse a golpes emocionais''

  Víctor Sánchez do Amo manifestó en rolda de prensa tras o partido no Villamarín, que "tratamos de vir a por a vitoria, sabíamos que íbamos a atopar un rival moi difícil, un equipo que trata

O técnico branquiazul cre que "na primeira parte custounos máis. Estivemos un pouquiño medorentos co balón para o que é a nosa idea de xogo. Abusamos do xogo directo e custounos. Aínda así o equipo estivo moi compacto e moi sólido en defensa".

Víctor resaltou que o Dépor "volve sobreporse a golpes emocionais. Despois de adiantarse no marcador, recibir o empate fóra de casa o normal é que o rival aperte e o equipo tivo personalidade para manterse no partido e non só manterse, senón ir a por a vitoria".
 
Finalmente, subliñou o labor de futbolistas que entraron no once inicial en Sevilla: Juan Domínguez, Fede Cartabia, Jonathan e Luisinho.