RCD / NOVAS

Víctor: Estamos nun momento da tempada no que a fortuna non nos acompaña nada

Ao finalizar o encontro no Vicente Calderón, Víctor Sánchez, en rolda de prensa, manifestó que no partido "foi clave o acerto que tivo a Atlético de Madrid nas xogadas ofensivas súas. O primeiro gol llegó nun momento do partido tranquilo para nós. Estábamos traballando ben a idea que habíamos preparado de estar moi compactos, defendendo ben, evitando o xogo interior que últimamente lles está dando moitos resultados".

13/03/2016 00:08

Co 2-0, subliñou o técnico deportivista que "tratamos de arriscar, de buscar un equipo máis ofensivo. Tivemos algunha situación. Pero estamos nun momento no que a fortuna non nos acompaña nada, nin de face ao gol nin tampouco atrás. Calquera erro que facemos penalízanos".

Conclúe Víctor que "nós eramos conscientes que o partido de hoxe era un reto tremendo, contra un equipo de Champions, un equipo que ademais está agora nun momento excepcional de forma tanto na liga como na Champions. Pero tentámolo. Felicitamos aos xogadores pola súa entrega e o seu esforzo; e a prepararnos para o partido do Levante, que ese si é da nosa Liga".

Máis novas de: VÍCTOR SDA

RCD / Noticias Relacionadas