RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor lembra que 'malas series as viven todos'. Lucas está '0 preocupado. Temos 32 puntos'

  Víctor Sánchez do Amo e Lucas Pérez mostraron a súa plena confianza de face ao choque de mañana sábado en Riazor (22.05, TVE) ante o Málaga, conscientes iso sí ambos das dificultades que entra&

Lembra o técnico deportivista que estas malas series de resultados "vívenas todos os equipos de Primeira, Segunda División de calquera categoría. Pásanse por refachos de mellores e peores resultados. Ata os grandes pasan por momentos nos que os resultados varían. ¿Que imos facer con isto? ¿Fustigarnos?, ¿tirar pedras contra o noso propio tellado?, ¿crear un ambiente alarmista e destrutivo? Cando chegamos así xa vistes o talante que temos, de optimismo, positividad, enfocar as dificultades como un reto. Estamos convencidos que o próximo partido é o que imos recuperar a senda dos bos resultados". 

Do Málaga CF manifestou o técnico deportivista que "é un equipo moi sólido, moi organizado. Concede moi poucas situacións de gol, leva moi poucos goles encaixados. É un aspecto a ter en conta. Ten bos xogadores. Ten varias baixas importantes para o noso partido pero en calquera caso ten un equipo con xente de calidade capaz de xerar boas situacións a nivel ofensivo".
 
Por esta razón, pide Víctor "ter paciencia, preparar moi ben os ataques, non caer nas precipitacións".
 
Pola súa banda, Lucas Pérez, pichichi do Deportivo, asegurou estar "cero preocupado" porque o equipo aínda non gañou neste 2016. "Non é para estar preocupado. Temos 32 puntos. Evidentemente o refacho que temos non é boa. Nin antes eramos os mellores nin agora os peores. Antes erades vós os que diciades que iamos ir a Europa, agora parece ser que imos para Segunda. Agora se lle gañamos ao Málaga, ¿que facemos?, ¿imos a Europa outra vez?", engadiu.
 
O dianteiro coruñés non quere nin ouvir falar da palabra final mañá sábado e respondeu desta forma á pregunta dun xornalista que cualificaba con esa palabra o encontro ante o Málaga: "¿Final?, ¿acabouse a liga? Final era o ano pasado no Camp Nou, esa si era unha final, e tensión, abafo, sufrimento. O do sábado é un partido importante que temos que gañar para por fin en 2016 atopar unha vitoria, e que o equipo some este tres puntos que tanto necesitamos. E a seguir para adiante. Quedan 11 partidos".