RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor: Os xogadores tiveron unha actitude fantástica

Víctor Sánchez do Amo reconoció esta mañana en rolda de prensa estar "contentísimo coa resposta do equipo".

A xuízo do técnico deportivista,  "os xogadores tiveron unha actitude fantástica. Non teño máis que palabras de agradecemento para este tres adestramentos que levamos. A actitude é exemplar. Díxenlles que hai dous aspectos que necesitamos de maneira fundamental, que é a concentración e o esforzo. E  están a render ao máximo nivel neste sentido".

Explicou aos medios de comunicación esta mañá que "tentamos aproveitar cada minuto de adestramento para empezar a facer eses axustes no plano defensivo e ofensivo. E tamén no xogo a balón parado".

Pola súa banda, Celso Borges asegurou en rolda de prensa que "o grupo está bastante forte. Mantivémonos bastante positivos cos cambios que pasaron. Sabemos que da nosa parte sempre ten que haber compromiso, e a actitude correcta para poder sacar ésto adiante. Nós tamén temos que facer nosa parte".

O internacional deportivista subliña que "temos que recuperarnos. É my rápido, especialmente cando se xoga mércores-domingo. O que pasou pasou e hai que atopar novas forzas e novos aires para seguir loitando".

Borges opina que "nós facendo as cousas con compromiso, con boa actitude, con bo traballo en equipo, concentrados, temos máis probabilidades de sacar un bo resultado".