RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Victoria sen peros do Orzán SD Cadete Feminino en Ponteareas

Triunfo sen ningún pero do Orzán SD Cadete Feminino (0-6) no campo do Sporting Club San Mateo, en partido correspondente á 9ª xornada na liga Galega cadete.

Daniela Basalo -2-, Alba Monteserín, Ana Capelo e Paula Sánchez -2- foron as autoras dos goles orzanistas, que se souberon adaptar mellor que as súas rivais ao irregular estado do campo de O Cruceiro.

Con este resultado, o Orzán SD Cadete Feminino é terceiro na táboa con 19 puntos, os mesmos que o segundo clasificado, o Sárdoma CF; e a 6 puntos do líder, o Victoria CF.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Mica Aller, Antía García, Uxía López, Candela Moreno, Daniela Basalo, Sara Domínguez, Carmen Traba, Sofía Paz, Silvia Agras e Paula Sánchez. Tamén xogaron: Noelia Furelos, Macarena González, Ana Capelo, Yaiza García e Alba Monteserín.

A próxima fin de semana arrinca a segunda volta da liga Galega coa visita do Orzán SD Cadete Feminino ao Umia CF.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Feminino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD Milagrosa 0
Sporting Club San Mateo 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Daniela Basalo -2-, Alba Monteserín, Ana Capelo e Paula Sánchez -2-)