- Foto: Iratxe Vieites -
Cezary Wilk visitará mañana xoves ás 12.00 a segunda quenda do Campus do Dépor. O internacional polaco disputará unha pachanga cos ninñvos participantes nesta quenda.
Esta segunda quenda finaliza o luns 28 de xullo, cun acto de entrega de diplomas no campo de herba artificial, ás 13.00 horas.
O Campus do Dépor está dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos. O horario é de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres (excepto festivos), e o profesorado está composto por adestradores do Club. En cada quenda hai sesións para a mellora da técnica individual e colectiva a través de xogos, exercicios correctivos e partidos; incluíndo adestramentos específicos para porteiros. Así mesmo, houbo actividades recreativas na praia. Todos os alumnos teñen un seguro de accidentes deportivos.