RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

XA É POSIBLE OBTER OS CARTÓNS DE ACCESO E VOTACIÓN DA XUNTA DE ACCIONISTAS

Desde o mércores 23 de novembro, todos os accionistas que vaian acudir á Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña SAD, poden retirar os cartóns de acceso e votación para poder participar na mesma. Os cartóns estarán dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista ata o vindeiro mércores 30 ao mediodía. O mércores pola tarde e o xoves día 1, os accionistas que desexen acudir terán que retiralas xa en Palexco, lugar no que está convocada a Xunta (día 30 de novembro de 2016 en primeira convocatoria e xoves 1 de decembro de 2016 en segunda).

Os cartóns están dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) do estadio de Riazor, no horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O mércores día 30 ata as 13:30 h. na OAD e de 18:00 a 20:00 h. e o xoves 1 de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:45 h., os cartóns poderán retirarse no hall de Palexco. Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado. O documento de delegación de accións e orde do día pode descargarse aquí.

No caso daqueles accionistas que non vaian acudir á Xunta e que desexen delegar no presidente do Consello de Administración, poden enviar por correo esta folla coa Orde do Día e a Delegación de Accións no sobre que se inclúe na documentación remitida aos domicilios, ou ben entregala persoalmente nas oficinas do Club na Praza de Pontevedra e o Estadio de Riazor.