RCD / NOVAS

Xornada de partidos inclusivos para #ANOSACANTEIRA e os seus compañeiros do Dépor Genuine

17/01/2020 18:20

Dentro do programa de actividades e adestramentos do Deportivo de LaLiga Genuine, este mediodía disputáronse unha serie de partidos de adestramento nos que participaron os xogadores do conxunto branquiazul mesturados con representantes de #ANOSACANTEIRA.

Jorge e Mesfin (infantís), Hugo Matos, Fernando Iglesias, Marcote, Kevin, Diego Gómez, Ochoa, Canales, Nico Casalderrey e Embid (cadetes) mesturáronse co grupo dos venres do Dépor Genuine, mentres que Prendes, Iker, Alberto, Luque, Adrián Pereda e Guedes (xuvenís) exerceron de árbitros e adestradores nos partidos de fútbol 8 disputados no campo 1 da Cidade Deportiva da Torre.

Esta xornada de adestramento enmárcase dentro das actividades que vén desenvolvendo o equipo do Deportivo de LaLiga Genuine por segunda campaña consecutiva.