RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Yago Agra, gañador de dous abonos da área 1906 por non perderse ningún partido da primeira metade da temporada

A pasada semana realizouse na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Abanca-Riazor o sorteo de dous abonos da zona VIP de Abanca-Riazor: Área 1906, co que o Dépor quere premiar a fidelidade dos seus socios ao acudir cada fin de semana #ÁNosaCasa. Do mesmo xeito que se sortea a camiseta do mellor xogador após cada partido en Abanca-Riazor entre os socios asistentes a cada choque, entre todos os que acudiron ao 100% dos partidos desta primeira metade da temporada (total de socios asistentes a todos os partidos de Liga e Copa até xaneiro de 2018: 4.082) sorteouse un abono dobre da área 1906 que leva o socio de Pavillón Inferior Yago Agra Domato (socio 10.916).

A mecánica do concurso, que se repite após cada partido do Dépor en Abanca-Riazor, e aplicouse para este sorteo é a seguinte:

A cada abonado asígnaselle un número correlativo pola orde que determina a listaxe de accesos que xera automaticamente a aplicación de control de accesos do Estadio de Abanca-Riazor. A través dunha plataforma de xeración aleatoria de números obtense unha cifra, que neste caso corresponde a Yago Agra Domato.

PARTIDO BANCADA Nº SOCIO  NOME E APELIDOS XOGADOR
Dépor-Real Madrid Marathón Superior 18.753 LUCAS CERNADAS SCHÄR
Dépor-Real Sociedad Marathón Superior 2.086 RICARDO FERREIRO ADRIÁN
Dépor-Alavés Preferencia Superior 1.603 JUAN RAMÓN SANTISO FEDE VALVERDE
Dépor-Getafe Pavillón Inferior 15.880 JUAN ANTONIO HAZ FEDE VALVERDE
Dépor-Girona Pavillón Inferior 10.416 DAVID LOZANO ADRIÁN
Dépor-Atlético Preferencia Superior 4.675 JESÚS MANUEL ROJO SCHÄR
Dépor-Athletic Pavillón Superior 6.125 LUCÍA BAO SCHÄR
Dépor-Leganés Pavillón Superior 21.823 JULIO ECHEGARAY ÇOLAK
Dépor-Celta Pavillón Inferior 21.212 MANUEL GUILLERMO RODRÍGUEZ ANDONE
Dépor-Valencia Marathón Superior 3.167 JACINTO PENA ANDONE
Primera vuelta Pavillón Inferior 10.916 YAGO AGRA ABONO ÁREA 1906
Dépor-Levante Marathón Inferior 22.971 PABLO SILVA MOLEZÚN ANDONE
Dépor-Espanyol Pavillón Inferior 14.598 MARTA DÍAZ SÁNCHEZ SCHÄR
Dépor-Eibar Preferencia Superior 20.521 RAMÓN OLIVARES SANZ ANDONE
Dépor-Las Palmas Tribuna Inferior 17.502 JORGE PÉREZ GARCIA ÇOLAK
Dépor-Málaga Marathón Superior 12.189 FRANCISCO OTERO MORALES LUCAS
Dépor-Sevilla Marathón Superior 12.321 RAFAEL MENÉNDEZ DE LA VEGA RUBÉN
Dépor-Barça Pavillón Superior 24.944 ADRIÁN BEREIJO COUCEIRO BORJA VALLE


4.000 socios optan a unha Yamaha de Manell Motor e unha Viaxe ao Caribe de Viaxes Orzán

Ademais da as camisetas, os socios que xa acudiron a todos os partidos en casa e non se perdan ningún choque en Abanca-Riazor até final de temporada optan tamén a gañar unha moto Yamaha de Manell Motor ou unha Viaxe ao Caribe de Viaxes Orzán.

Para optar aos premios o único que hai que facer é acudir co abono a todos os partidos que o Dépor xogue esta temporada en Abanca-Riazor. Entre todos os socios cuxo carné fose rexistrado no torno de acceso de Abanca-Riazor en todos os partidos sortearanse automaticamente eses premios, ademais de abonos da próxima temporada 20187-2019 (estes últimos entre todos os socios que acudan aos partidos da segunda volta de LaLiga, independentemente de se acudiron ou non a todos os da primeira).