RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril tumba ao Laracha e clasifícase para oitavos da Copa Deputación

O Fabril impúxose ao Laracha (0-2) en dezaseisavos de final da Copa Deputación. A eliminatoria, a partido único, xogouse esta tarde no Municipal de Laracha.

Martín no primeiro tempo e Pedro na segunda metade certificaron cos seus goles a superioridade fabrilista.

Ambos os equipos víronse as caras nun amigable o pasado 25 de xullo. Naquela ocasión houbo empate a un tanto.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Lucas, Gaizka, Romay, Queijeiro, Uxío, Martín e Borja Galán. Tamén xogaron: Raúl González, Francis, Diego Caballo, Mujaid, Ortuño, Pedro e Luismi.

O próximo rival do Fabril nesta competición é o vencedor da eliminatoria que protagonizan o Miño e o Carral.

A seguinte cita de pretemporada do filial deportivista é o martes 8 de agosto, coa disputa no Estadio ABANCA-RIAZOR do Trofeo Manolo Martín. O rival será o Real Madrid Castilla, tamén equipo de Segunda División B.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmado é o seguinte:

23 de xullo, torneo '3 en 1' en Viveiro
Viveiro 0 - Fabril 4 (Uxío -2-, Gaizka e Porrúa)
Fabril 1 (Queijeiro) - Somozas 0
25 de xullo: Laracha 1 - Fabril 1 (Martín)
30 de xullo: SD Compostela 1 - Fabril 1 (Pedro). A penaltis: 8-9
2 de agosto, dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña: Laracha 0 - Fabril 2 (Martín e Pedro)
8 de agosto, 18:30 horas: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)

Entradas á venda para o Trofeo Manolo Martín

Están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista e El Corte Inglés (Ramón e Cajal e Marineda City) as entradas para o XXXIV Trofeo Manolo Martín que disputan o Fabril e o Real Madrid Castilla o próximo 8 de agosto ás 18:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.

As entradas, que teñen carácter benéfico (a recadación destinarase integramente ás obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca en Muxía), teñen un custo de 5 euros. Os menores de 15 anos poden acceder de forma gratuíta pero deben retirar invitación na OAD ou El Corte Inglés.