RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Nin o CPM Friol nin o temporal frean ao Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA goleou (7-1) ao CPM Friol, en partido pertencente á 13ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional disputado en Ponte dos Brozos (Arteixo) baixo un temporal de vento e choiva.

Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dúas futbolistas rivais en propia meta foron autoras dos goles branquiazuis nun encontro de superioridade deportivista, aínda que non se reflectiu no marcador até os minutos finais.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA lidera o grupo con 37 puntos por 33 do Oviedo Moderno, que non puido xogar o seu partido en Vigo ante o Sárdoma debido ao temporal.

Deportivo ABANCA: Malena, Raquel, Miriam, Silvia Mérida, Iris, Oreiro, Nuria, Kika, Sara, Gaby e Lía. Tamén xogaron: Jone, María Corral, Estefi e Miga.

A competición ligueira párase por Nadal até o próximo mes de xaneiro. O primeiro rival do Deportivo ABANCA en 2018 será o Gijón FF, de novo en Ponte dos Brozos (Arteixo).

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dúas futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1