RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

300 deportivistas animarán esta tarde ao Dépor en Alcorcón

- #anosaforza no partido de hai 4 anos en Santo Domingo -

300 deportivistas encherán hoxe a bancada visitante do Estadio Municipal de Santo Domingo no partido que enfrontará á AD Alcorcón e o RC Deportivo e para o que os afeccionados branquiazuis esgotaron todas as entradas postas a disposición de #anosaforza polo club oleiro.

Parte deses 300 deportivistas representarán ademais no campo madrileño a 22 peñas: Chamberí Branquiazul, Boa Vila, Burela, Perla de Arousa, Noroeste Turco, Al Sur de Riazor, Manuel Pablo, Mazaricos, Caña Derbas, Rías Baixas, Verín Pablo Amo, Yacky, La Cuesta, Chaflán, Cheka, Santiago, Camándulas, Rubia Galega, Meseta Branquiazul, Dino´s Montealto, O Padriño e Centenariazo.