RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Activación de Destino Abegondo e Arteixo para os próximos partidos de Fabril e Dépor Abanca

O RC Deportivo activa unha nova xornada dos seus servizos Destino Abegondo e Destino Arteixo para os partidos que Fabril e Dépor Abanca disputan o vindeiro domingo 2 de abril, fronte ao Racing Villalbés (12:00 horas) e o Atlántida Matamá (16:00 horas), respectivamente.

As rutas propostas en cada un dos Destinos son as seguintes:

Destino ABEGONDO: Deportienda Riazor - Praza de Ourense - Alfonso Molina (Praza de Madrid, fronte Estación Autobuses) - Cidade Deportiva de Abegondo.

Destino ARTEIXO: Deportienda Riazor - Praza de Ourense - Glorieta Estación Tren - Ponte dos Brozos, Arteixo.

En ambos os destinos, a saída desde a Deportienda de Riazor realizarase unha hora antes do momento fixado para o inicio de partido e o regreso terá lugar 15 minutos despois de finalizado o encontro.

O procedemento de inscrición é exactamente o mesmo que en Destino Riazor:

Destino Abegondo: Remitir mail a destinoabegondo@rcdeportivo.es indicando nome, apelidos, DNI, Nº de abono, teléfono e correo electrónico.

Destino Arteixo: Remitir mail a destinoarteixo@rcdeportivo.es indicando nome, apelidos, DNI, Nº de abono, teléfono e correo electrónico.

Xornada de Destino Abegondo e Destino Arteixo:

· Apertura de prazo inscrición para ambos os casos: martes 28 de marzo de 2017.
· Peche de prazo de inscrición para ambos os casos: venres 31 de marzo de 2017.
· Mínimo 30 persoas para activarse a ruta e máximo 55. Segundo demanda axustarase o número de autobuses.
· Custos: socios gratis. Non Socios: 12€ entrada incluída.
· Publicación rutas activadas e horarios definitivos: venres 31 de marzo de 2017.