RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS12 mai 2025

Adestramento para Os Nosos "tentando crecer para que o ano que vén sexa todo distinto"

O Dépor adestrouse esta mañá baixo a choiva no campo 2 de Abegondo previo á xornada de descanso de mañá martes.

Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con rondos e un exercicio de posición para todo o grupo.

A continuación, os titulares o pasado sábado en El Molinón tiveron tarefas de recuperación.

Para o resto do equipo, incluídos os fabrilistas Hugo Ríos e Guerrero, houbo ademais un exercicio de finalizacións e fútbol reducido.

Tiveron traballo personalizado Dani Barcia, Mella, Ximo Navarro, Jose Ángel, Yeremay e Gauto, que xa completa a primeira parte da sesión co grupo.

Pablo Vázquez ve á xente "moi cansa. Estamos a facer todo o posible, o que nos dá, tentando crecer para que o ano que vén sexa todo distinto".

Mañá martes hai xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos este mércores 14 de maio a partir das 11:00.