Adrián Castro Mesa (Cambre, 12 de outubro de 1998) non continuará pertencendo ao RC Deportivo. Deste xeito tamén conclúe a cesión do dianteiro coruñés no CD Arenteiro.
Desde agora, Adri Castro poderá escoller libremente o seu próximo proxecto profesional, para o que o Deportivo, como a nivel persoal, deséxalle a maior das sortes.