RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Adrián: É importante gañar ao Hércules para seguir escalando posicións

O dianteiro deportivista Adrián manifestó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol que o choque do luns ante o Hércules en Riazor (21.00 horas) é "importante para seguir escalando posicións". "Se p

Restou importancia ao intenso frío que se vive estes días en Galicia: "O campo estaba un pouco cuberto de neve. Pero hai que adestrar igual e a verdade é que fixemos un bo adestramento. Cheguei ao dez e dez, cun pouco de atraso. Algún compañeiro tivo algún problema máis, pero nada".

Sobre a última derrota, en Santander o pasado domingo, Adrián cre que "non hai desculpa porque o campo estaba embarrado para nós e para eles. Non saíron ben as cousas e nada máis. Hai que esquecelo. Pensar no luns, en facer as cousas ben".

Insiste en que sente "cómodo de segundo punta, aínda que xogar arriba tampouco é unha cousa rara. Xa o fixen moitas veces. Hai que adaptarse ao que diga o míster e facelo o mellor posible". Cre non obstante que por detrás da punta, "é unha posición que tocas máis o balón, tes máis espazo que cando xogas arriba, cos centrais máis pendentes dos teus movementos".