RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Adrián, goleador coa Selección Española Sub-21

O deportivista Adrián foi o autor dun dos goles cos que España impúxose onte sábado pola noite en Burgos a Croacia (2-1) no partido de ida da eliminatoria de clasificación para o Campionato de Europa de Dinamarca. O dianteiro b

Lassad visitará Togo hoxe domingo 10 de outubro en partido clasificatorio para a Copa de Africa 2012.
 
Rindaroy, que non xogou con Noruega en Chipre (1-2) o pasado venres 8 de outubro en partido clasificatorio para a Eurocopa 2012, xoga este martes 12 un encontro amigable en Zagreb contra Croacia.
 
Stopira coa súa Selección, Cabo Verde, mídese a Zimbawe en partido clasificatorio para a Copa de África 2012. O encontro será hoxe domingo 10 de outubro.
 
Por fin, Claudio Morel, titular na derrota de Paraguai onte sábado en Australia (0-1), xogará tamén o martes 12 de outubro en Nova Zelandia outro amigable. Morel chegará á Coruña de regreso o xoves 14 de outubro á primeira hora da tarde, tras dous días de viaxe.