RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Adrián: O compromiso de todo o persoal está aí

O dianteiro asturiano Adrián foi o protagonista esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Coa irrupción de Sand no once inicial, viuse 'relegado' nos últimos encontros á banda dereita. "Os partidos que xogou

Asegura Adrián estar centrado no choque deste luns en Riazor. "Para facer bo os dous puntos que sacamos, hai que gañar á Real Sociedade. Imos saír a por iso, xogamos na nosa casa e a vitoria é un bo paso para tirar para arriba".

Apunta que "a todos os equipos que estamos nesta situación cústanos gañar fóra que en casa. Pero bo, fóra tamén hai que sacar puntos, e fundamentalmente non perder. Estamos a ser un equipo complicado para os rivais".

Está convencido o atacante deportivista que "os xogadores que están aquí mentres estean van dar o cento por cento. Aquí todo o mundo traballa e tenta facelo ben. O compromiso de todo o persoal está sempre aí".

A nivel persoal, Adrián asegura estar "contento. Tento facelo o mellor posible, adestrar ao máximo e para o míster tampouco é fácil porque somos moita xente arriba. Cada un achega as súas cousas e teno que decidir el".