Álex Bergantiñvos compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo, minutos antes de arrincar a sesión de adestramento prevista paraa hoxe domingo.
Opina que a primeira volta que se pechou onte á noite para o Deportivo no Estadio Santiago Bernabéu "foi espectacular para nós. Competimos moi ben, o bloque fíxose moi sólido, o corpo técnico e os xogadores sentimos moi partícipes de toda a tempada que levamos".
Sostén Álex que "o obxectivo segue sendo salvarnos canto antes. Imos ben encamiñados e hai que seguir pensando iso".
A receita do centrocampista coruñés é moi clara: "Facer ben as cousas, traballar cada partido, competir ben como fixemos contra todos os rivlaes e aí están os numeros".
Lembra Álex que "salvo estas dúas derrotas seguidas, o equipo só perdeu catro partidos, competiu en todos, puido ter algunha vitoria máis e contra rivais fortes sempre deu a cara. Así que satisfeitos de como estamos a levar o ano e a tentar que a segunda volta sexa igual.