RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Álex: Todos nós puidemos facer moito máis do que fixemos onte

Álex Bergantiñvos manifestó esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "todos nós puidemos facer moito máis do que fixemos onte. E agora hai que dar ou douscentos por cento do que queda para tentar aferrarnos &aac

"Temos que dar moito máis todos. Non podemos arranxar o que pasou onte, temos que agarrarnos a esta última oportunidade e dalo todo o sábado para poder facer fronte ao Vilarreal e sacar ésto adiante", subliña.

O centrocampista coruñés recoñeceu que no estadio Martínez Valero de Elxe "vímonos desbordados en todo momento. De inicio atopámonos co marcador en contra na primeira acción, e xa co penalti o equipo viuse fóra de lugar. Non soubemos repornos e o partido foi un suplicio para os que estabamos no campo".

Ante o Vilarreal, "temos que pensar só en gañar. É fundamental. Non podemos facer máis contas, levamos moitos partidos sen gañar e se non ganas é imposible salvarche. Grazas a que a competición é como é temos esta vida extra para gañar a un bo equipo como é o Vilarreal".

Increpado por unha trintena de afeccionados en Abegondo, do mesmo xeito que o resto do equipo, Alex, coruñés e deportivista, recoñeceu que foi por este motivo "un día duro. Sabemos a situación que hai na cidade, todo o que pasou e hai que asumilo, ser fortes. Ao final somos futbolistas e formas parte de todo a contorna que move o fútbol e hai que carrexar coas consecuencias. E este tipo de cousas asumilas".