RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Amarga despedida da Copa do Rei (0-3)

  O RC Deportivo se despidió da Copa do Rei 2015-16 tras perder en Riazor ante un Mirandés que puxo toda a carne no asador e, grazas a tres goles, dous deles calcados, estará o próximo venres no sorteo dos cuartos de f

Víctor Sánchez do Amo apostou no torneo do KO, unha vez máis, polas rotacións. Esta vez quedaron fóra da convocatoria habituais na liga como Juanfran, Sidnei, Fayçal ou Jonathan Rodríguez. Lucas, Álex Bergantiños e Luís Alberto esperaron quenda no banco. No céspede, dous cambios con respecto ao once do encontro de ida en Anduva. Manuel Pablo e Jonathan Rodríguez deixaron o seu sitio a Cardoso e Fede Cartabia.
 
Comezou tan frío o partido como o da anterior eliminatoria ante o Llagostera. No primeiro cuarto de encontro producíronse escasas accións dignas de mención. Ao cumprirse o minuto 5, Fede Cartabia meteu un balón á área pequena do Mirandés, que Raúl Fernández detivo con seguridade. Dez minutos máis tarde, unha perda de balón, tras chocar Pedro Mosquera e Jonás Gutiérrez entre eles, provocou unha contra do equipo burgalés, cun servizo envelenado de Álex García desde a esquerda ao que non puideron chegar por pouco nin Róber nin Sangalli. Dous minutos máis tarde, Laure rematou forzado no segundo pau un centro pasado de Cardoso. O croque do hoxe capitán deportivista foise por encima do traveseiro.
 
As imprecisións foron unha constante co paso dos minutos. Ningún equipo era capaz de encadear posesións medianamente longas. O encontro era dominado polo “centrocampismo”, co que apenas se produciron chegadas a unha ou outra portaría durante un longo tramo. Ata que no minuto 34, Manu Fernández tivo que saír aos pés de Néstor Salinas tras boa xogada do dianteiro do conxunto burgalés co seu compañeiro Abdón Prats.
 
No minuto 40, adiantouse o Club Deportivo Mirandés. Sangalli internouse pola dereita, con moito espazo despois dunha boa triangulación do mediocampo burgalés e serviu o balón raso ao bordo da área para a chegada de Provencio. O seu disparo ao primeiro toque, a perna cambiada, foise abrindo cara ao poste contrario, polo que Manu non foi capaz de chegar a pesar da súa estirada.
 
Coa vitoria visitante chegouse ao tempo de descanso. Víctor buscou revulsivos con prontitude e deu entrada a Luís Alberto en lugar de Cardoso e a Álex Bergantiños por Juan Domínguez no arranque do segundo período.
 
A pesar dun indicio de melloría no xogo, as opcións deportivistas comezaron a desvanecerse co segundo tanto do Mirandés, ao nove minutos da segunda parte. Abdón Prats lanzou unha falta lateral moi pechada á que tentou chegar Álex Ortiz. O capitán visitante non chegou a tocar o balón, pero o mesmo introduciuse na portaría deportivista pegado ao poste dereito.
 
O Deportivo necesitaba tres goles para clasificarse. Víctor esgotou a cota de substitucións ao dar entrada a Lucas, co que o equipo branquiazul pasou a despregarse nun debuxo 4-4-2, con Luís Alberto no extremo esquerdo e o goleador coruñés acompañando arriba a Oriol Rise. Con Lucas no campo, durante a última media hora coincidiron no terreo de xogo catro xogadores nados na capital herculina, feito que para ver repetido en partido oficial hai que remontarse varias décadas atrás.
 
Xusto ao sinalar o reloxo o minuto 66, Sangalli tivo nas súas botas a sentenza. O extremo dereito empalmó mal, completamente só no segundo pau, unha volea tras un centro desde a banda contraria. Inmediatamente, Fede Cartabia gozou da mellor ocasión deportivista. Tras unha triangulación entre Lucas e Álex Bergantiños, o de La Sagrada deixou só ao arxentino na área, pero o control fóiselle excesivamente longo e o cérbero visitante, aínda que xogándose o tipo, puido anticiparse á súa chegada.
 
Se o Dépor non aproveitou a súa ocasión, si o fixo o Mirandés. A falta dun cuarto de hora para a conclusión, chegou a sentenza. Foi nunha xogada calcada á do primeiro tanto, con chegada de Sangalli pola dereita, servizo raso ao centro e derechazo inapelable de Provencio.
 
Só con ese tanto pareceu espertar o conxunto coruñés, que instantes despois estrelou un balón na cruceta por medio de Álex Bergantiños. Foi unha miraxe, pois o equipo que dirixe Carlos Terrazas gozou nos últimos minutos de mellores ocasións, case sempre ao contragolpe, para aumentar o marcador.
 
RC Deportivo: Manu, Laure, Lopo, Róber, Luisinho, Jonás (Lucas, min. 60), Juan Domínguez (Álex Bergantiños, min. 46), Pedro Mosquera, Fede Cartabia, Oriol Rise e Cardoso (Luís Alberto, min. 46).
 
CD Mirandés: Raúl Fernández, Carlos Moreno, Álex Ortiz, Javier Canteiro, Eguaras (Kijera, min. 75), Carlos Lázaro (Rúper, min. 68), Provencio, Sangalli, Néstor (Ión Vélez, min. 72), Álex García e Abdón Prats.
 
Goles: 0-1 Provencio (min. 40); 0-2 Abdón Prats (min. 54); 0-3 Provencio (min. 70).
 
Árbitro: Hernández Hernández (c. das Palmas). Amoestou a Carlos Lázaro (min. 61), Lopo (min. 74) e Lucas (min. 82).
 
Incidencias: partido de volta dos oitavos de final da Copa do Rei disputado no Estadio de Riazor ante 11.693 espectadores.