Amigable do Cadete B mañá en Abegondo ante a Selección da Costa
O Cadete B protagoniza o único amigable esta semana en #ANOSACANTEIRA. Será mañá mércores 9 de xaneiro ás 19:00 horas en Abegondo (campo 5), ante unha Selección da Costa.
O conxunto deportivista, tralo parón do Nadal, retoma a competición ligueira no grupo norte da Liga Galega este domingo 13 de xaneiro ás 12:00 horas na Cidade Deportiva (campo 5) ante o CD Calasanz B, en partido correspondente á 18ª xornada. O Cadete B marcha na 4ª posición do grupo con 34 puntos.