RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA ten xornada ligueira este mércores e xoves

Mañá mércores 11 de outubro e o xoves 12, festividade da Hispanidade, haberá xornada de liga para seis equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A e Infantil B.

Deles, xogan en Abegondo o Xuvenil B, Cadete A e Infantil B. Para os dous primeiros partidos, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros. O choque do Infantil B é gratuíto para todos os afeccionados.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría xuvenil
7ª xornada: PONTEVEDRA - XUVENIL A, o xoves 12 de outubro ás 12:00 no campo de Mosteiro (Meis)
Clasificación da División de Honra: 1. Racing de Santander, 15 puntos; 2. Xuvenil A, Celta e Roces, 14 puntos; 5. Oviedo e Sporting de Gijón, 13 puntos...

6ª xornada: XUVENIL B - COMPOSTELA, o xoves 12 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 13 puntos; 2. Ural e Racing de Ferrol, 12 puntos; 4. Victoria e Santa Mariña, 10 puntos; 6. Xuvenil B e Pabellón, 9 puntos; 8. Arosa, Compostela, Boiro, Lugo B e Lérez, 7 puntos...

Categoría cadete
6ª xornada: CADETE A - SANTIAGO DE COMPOSTELA, mañá mércores 11 de outubro ás 19:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 15 puntos; 2. Pontevedra, 12 puntos; 3. Cadete A e Santiago de Compostela, 11 puntos; 5. Val Miñor Nigrán, 10 puntos; 6. Pabellón, Ural, Bergantiños e Calasanz, 9 puntos...

6ª xornada: RACING VILLALBÉS - CADETE B, o xoves 12 de outubro ás 11:30 no Estadio Roca (Vilalba)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Atlético Coruña Montañeros, 15 puntos; 2. San Tirso, 13 puntos; 3. Escola Estrada Fútbol Base e Lugo B, 12 puntos; 5. Xuventude de Oroso, Cadete B e Viveiro A, 10 puntos; 8. Racing de Ferrol B e Victoria B, 9 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: EF POLVORÍN A - INFANTIL A, o xoves 12 de outubro ás 12:00 no campo do Polvorín (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A e Calasanz, 13 puntos; 3. San Tirso e Bergantiños, 12 puntos; 5. Xuventude de Oroso e Ural, 11 puntos...

7ª xornada: INFANTIL B - BERGANTIÑOS B, o xoves 12 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 18 puntos; 2. Infantil B, 16 puntos; 3. Sporting Cambre, 14 puntos...