RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga concéntrase hoxe luns coa selección española sub-15 para un torneo amigable en Portugal

Antía Veiga concéntrase hoxe luns 29 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas coa selección española sub-15 con motivo dun torneo amigable nas localidades portuguesas de Castelo Branco e Serta que se prolongará até o domingo 5 de maio.

O combinado nacional desprazarase a Portugal mañá martes 30.

Os rivais das españolas serán Polonia e o anfitrión, o equipo luso.

O calendario da gardameta orzanista é o seguinte:

Mércores 1 de maio
17:00: PORTUGAL - ESPAÑA, no Estadio Vale do Romeiro, en Castelo Branco

Sábado 4 de maio
17:00: POLONIA - ESPAÑA, no Campo de Jogos Dr. Marqués dos Santos, en Serta

A canteirá branquiazul regresará á Coruña ao longo do domingo 5 de maio.

Antía Veiga é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.