RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ao Fabril escápaselle un punto en Vilalba no tempo de desconto

O Fabril caeu (1-0) esta tarde ante o Racing Villalbés no campo da Magdalena, en partido correspondente á 18ª xornada que foi aprazado no seu día por COVID.

Un gol lucense no tempo de desconto decantou o choque a favor dos locais cando parecía que o partido finalizaba en táboas, do mesmo xeito que ocorrera na primeira volta en Abegondo.

Óscar Gilsanz, técnico fabrilista, non puido contar con David Mella, que onte martes se proclamou campión do Torneo do Algarve coa selección española sub-17; pero si con Yeremay, que non entrou na lista de convocados de Borja Jiménez para o partido do Deportivo en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club.

Con este resultado, o filial deportivista encadea a súa segunda derrota consecutiva após perder o pasado domingo en Abegondo co Ourense CF (0-1) e queda na sétima posición da táboa con 31 puntos.

Fabril: Brais Suárez, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simao, Brais Val, Barba, Nájera, Yeremay, Runy e Davo. Tamén xogaron: Currás, Víctor e Javi Sanmartín.

Esta próxima fin de semana, o Fabril ten xornada de descanso. O outro partido aprazado do filial, ante o CD Choco no campo de Santa Mariña en Redondela e correspondente á 22ª xornada, xogarase o martes 1 de marzo ás 20:30 horas.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
CD Choco - Fabril, o martes 1 de marzo ás 20:30 en Santa Mariña (Redondela)
Fabril 0 - Ourense CF 1