RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazado o partido do Fabril deste domingo ante o CD Choco por COVID no equipo pontevedrés

O partido correspondente á 22ª xornada entre o CD Choco e o Fabril, previsto para este domingo 6 de febreiro ás 17:00 no campo de Santa Mariña de Redondela, foi aprazado por COVID no vestiario do equipo pontevedrés.

Agora será o Xuíz de Competición o que fixe unha nova data o máis próxima posible no tempo e sempre que o permitan as condicións sanitarias.

O equipo de Óscar Gilsanz conclúe así unha frenética e frutífera semana escalando posicións cara á zona alta a costa o pasado mércores dun Atlético Arnoia (2-0) pechacancelas do grupo, en partido correspondente á 14ª xornada aprazado até en dúas ocasións por COVID; e do Polvorín FC (4-1) do pasado sábado 29 de xaneiro.

O Fabril ocupa provisionalmente a cuarta posición na táboa de Tercera RFEF con 31 puntos.

O próximo 12 ou 13 de febreiro (pendente de confirmación), o filial branquiazul recibe en Abegondo ao Ourense CF.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés - Fabril, aplazado
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
CD Choco - Fabril, aplazado