RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía asina a súa renovación polo Deportivo

Dani Aranzubía firmó esta tarde a súa renovación polo Real Club Deportivo. O porteiro internacional será xogador branquiazul ata xuño de 2013 e, se na tempada 2012-13 xoga o 50% dos partidos oficiais, renovará autom&aacu

Miguel Anxo Lotina manifestou esta mañá en rolda de prensa que é "unha gran noticia". "Tivemos moita sorte con el porque é indubidable que agora mesmo, no mercado, Aranzubía non estaría ao alcance do Deportivo". Engadiu o adestrador branquiazul que Aranzubía forma parte dese grupo de xogadores "importantes" que o Club está a renovar dentro do actual persoal. Nestas últimas semanas, o Dépor renovou a Riki, Valerón e fixo profesional ata xuño do 2013 a Juan Domínguez.