RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía: Non imos gañar os partidos porque xoguen Riki, Valerón ou Aranzubia

Dani Aranzubia compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Confirmó que está totalmente recuperado da súa sobrecarga muscular e podría actuar ante o Sevilla no Trofeo Teresa Herrera.

A meta vasco asegura que o seu futuro está aquí, aínda que "ata que acaba o prazo todo pode pasar". Entende a postura do Presidente de remitir aos clubs interesados á clausula de rescisión e vaticina unha competición dura e difícil: "Non imos gañar os partidos porque xoguen Riki, Valerón ou Aranzubia".

Engade que o feito de que moitos futbolistas non coñezan a categoría "desde logo unha vantaxe non vai ser" .

O equipo realizou hoxe unha nova sesión de adestramento, máis intensa para os que onte non xogaron na Malata ante o Racing de Ferrol. Deste partido sufriron algunha secuela Lassad (torcedura no nocello esquerdo); Pablo Álvarez (contusión) e Ze Castro (sobrecarga no bíceps femoral).

Mañá venres haberá un novo adestramento, a partir das 10.00 no Mundo do Fútbol.