RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

As deportivistas Carlota e Laura Rivas concéntranse con Galicia para a Segunda Fase do Campionato de España sub-17

As xogadoras do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez e Laura Rivas concéntranse hoxe venres 8 de febreiro en Santiago de Compostela coa selección galega sub-17 para afrontar esta fin de semana a Segunda Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas.

As rivais das galegas por unha praza na Fase Final serán Castela A Mancha e Aragón.

O calendario de Galicia é o seguinte:

Sábado 9 de febreiro
12:30: GALICIA - CASTELA A MANCHA, en Santa Isabel

Domingo 10 de febreiro
12:30: ARAGÓN - GALICIA, en Santa Isabel