RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

As deportivistas Carlota e Laura Rivas, titulares hoxe con Galicia ante Castela A Mancha

As xogadoras do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez e Laura Rivas participan en Santiago de Compostela coa selección galega sub-17 na Segunda Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas.

As rivais das galegas por unha praza na Fase Final son Castela A Mancha e Aragón.

Hoxe, coas dúas futbolistas branquiazuis no once inicial, houbo empate (2-2) nun partido disputado e con alternativas no marcador.

Mañá domingo, Galicia acaba esta fase contra Aragón, ás 12:30 en Santa Isabel.

O calendario de Galicia, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 9 de febreiro
GALICIA 2 - CASTELA A MANCHA 2

Domingo 10 de febreiro
12:30: ARAGÓN - GALICIA, en Santa Isabel