RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Atractivo sábado de fútbol en Abegondo nunha xornada que arrincou hoxe con triunfo do Infantil B

O Alevín A, Alevín B e Benjamín B do Deportivo arrincan este fin de semana os seus respectivos campionatos ligueiros. Desta forma, todos os equipos da canteira deportivista están xa en competición oficial.

A xornada iniciouse hoxe venres 7 de outubro, día festivo na cidade da Coruña, cun interesante partido entre o Infantil B e o Imperátor, que chegaban ao partido colíderes do grupo 1º da Primeira Autonómica con 12 puntos de 12 posibles. Gañou con xustiza o Infantil B (2-0) e accede en solitario ao liderado.

Xogan en Abegondo este fin de semana (todos eles mañá sábado 8) o Xuvenil A (17.00), Xuvenil B (12.30), Cadete A (11.00) e Benjamín B (11.00).  Para o tres primeiros partidos, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

En Terceira División, o Fabril, terceiro na táboa con 13 puntos, visita ao Rápido de Bouzas, segundo con 14 puntos. O choque será o domingo 9 no campo Baltasar Pujales de Bouzas.

Descansa nesta xornada o Deportivo Feminino B, cuxo rival, o Bértola Feminino, retirouse da competición.

O calendario de partidos, co resultado de hoxe venres, é o seguinte:

Terceira División
RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 9 de outubro ás 18.00 no campo Baltasar Pujales de Bouzas (Vigo)
Clasificación: 1. Racing Vilalbés, 19 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 14 puntos; 3. Fabril e Arousa, 13 puntos; 5. Alondras, Barbadás e Céltiga, 12 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. AlertaNavia e Sárdoma CF B, 4 puntos; 11. Torre, 3 puntos; 12. Deportivo Feminino B, 2 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - SANTIAGO DE COMPOSTELA, o sábado 8 de outubro ás 17.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 4. Celta, Val Miñor e Rozamentos, 9 puntos; 7. Bansander e Alondras, 8 puntos; 9. Xuvenil A, 7 puntos...

XUVENIL B - RACING VILALBÉS, o sábado 8 de outubro ás 12.30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da liga Nacional: ... 5. Porriño Industrial, 7 puntos; 6. Conxo, Racing Vilalbés e Santa Mariña, 6 puntos; 9. Ourense, Xuvenil B e Calasancio, 5 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - BERGANTIÑOS, o sábado 8 de outubro ás 11.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 12 puntos; 2. Lugo, 10 puntos; 3. Cadete A, 8 puntos; 4. Racing de Ferrol e Vitoria, 7 puntos...

ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF - CADETE B, o domingo 9 de outubro ás 12.00 na Grela 1
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 12 puntos; 2. Calasanz e Xuventude de Oroso, 10 puntos; 4. Santiago de Compostela C, 9 puntos...

Categoría infantil
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF - INFANTIL A, o domingo 9 de outubro ás 10.00 na Grela 1
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, Ural, Galicia Caranza e Racing de Ferrol, 12 puntos; 5. Xuventude de Oroso e Atlético Coruña Montañeiros CF, 7 puntos...

INFANTIL B 2 (Lombao e Matías) - IMPERÁTOR 0
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 15 puntos; 2. Imperátor (un partido máis), 12 puntos; 3. Ural B e Oza Xuvenil, 9 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN A 9 (Yago (3), Marco Baña (2), Domínguez (2), Carlos e Manu) - VITORIA A 1

Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, primeira xornada: RAIO SADENSE A - ALEVÍN A, o sábado 8 de outubro no campo das Mariñas (Sada)

Segunda Comarcal A Coruña, primeira xornada: ALEVÍN B - IMPERÁTOR B, o domingo 9 de outubro ás 13.00 horas en La Torre (1.2)

Categoría benjamín
Primeira Comarcal A Coruña, segunda xornada: BENJAMÍN A - ORILLAMAR A, o sábado 8 de outubro ás 10.00 na Grela 2

Segunda Comarcal A Coruña, primeira xornada: BENJAMÍN B - LUÍS CALVO C, o sábado 8 de outubro ás 11.00 en Abegondo