RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bakkali entra na recta final da súa recuperación

Zakaria Bakkali ultima a súa recuperación e podería recibir mañá venres a alta médica, se todo transcorre con normalidade na última sesión de adestramento.

Por conseguinte, Cristóbal Parralo, técnico deportivista, saberá mañá se o internacional belga está dispoñible de cara ao encontro deste sábado 9 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30 horas, Bein LaLiga) ante o CD Leganés, pertencente á xornada 15ª de LaLiga Santander.

Pola súa banda, dous futbolistas tamén avanzan no seu estado físico: Luisinho e Bruno Gama. Os dous realizaron esta mañá unha parte do adestramento co grupo e outra co readaptador, Fran Molano.

Os únicos xogadores á marxe do grupo son, a día de hoxe Alejandro Arribas e Fede Cartabia, este cun plan específico de adestramento. O arxentino está a ser avaliado estes días polos Servizos Médicos do Club.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: