RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Bo test onte do Cadete B ante Galicia, e torneo para Alevín A e Benxamín A a fin de semana en Marín

O Cadete B, líder do grupo norte da Liga Galega, tivo partido amigable en Abegondo onte mércores 4 de decembro ante a Selección Galega sub-14.

O choque foi un interesante test para os branquiazuis. O marcador, que é o menos importante neste tipo de citas, foi favorable á selección (3-5). Matos, Mardones e Domínguez foron os goleadores do Cadete B.

O conxunto deportivista retoma a liga mañá venres 6 de decembro coa visita ao San Tirso SD B, ás 12:00 no campo do Monte (San Tirso).

Ademais, dous equipos de #ANOSACANTEIRA xogarán esta fin de semana un torneo amigable en Marín (Pontevedra): o 5º Torneo Internacional Tucho de la Torre.

O Alevín A terá como rivais iniciais ao EF Villa de Marín, Real Oviedo, Rayo Vallecano e un equipo procedente da Fase Previa.

Pola súa banda, o Benxamín A medirase en primeira instancia ao Real Valladolid, RC Celta, Real Oviedo e un equipo da Fase Previa.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría cadete
CADETE B 3 (Matos, Mardones e Domínguez) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 5

Categoría alevín
5º Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
11:00: ALEVÍN A - EF VILLA DE MARÍN (campo 2)
13:00: ALEVÍN A - REAL OVIEDO (campo 2)
15:30: RAYO VALLECANO - ALEVÍN A (campo 2)
17:30: EQUIPO DA FASE PREVIA - ALEVÍN A (campo 2)
Os 4 primeiros acceden a cuartos de final, que arrancan ás 19:30 no campo 2.

Categoría benxamín
5º Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
11:30: BENXAMÍN A - REAL VALLADOLID (campo 1)
14:00: BENXAMÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA (campo 1)
16:30: REAL OVIEDO - BENXAMÍN A (campo 1)
18:30: RC CELTA - BENXAMÍN A (campo 1)
Os 4 primeiros acceden a cuartos de final, que arrancan ás 19:30 no campo 1.