RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez: "Teño o convencemento de que o equipo mañá fará un bo partido e gañará"

Borja Jiménez asegurou este mediodía na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que ao partido de mañá sábado 28 de maio no Estadio ante o Unionistas de Salamanca CF (18:30, TVG-2, Footters e Fuch Sports), "dámoslle importancia porque queremos conseguir a sexta vitoria, facer ese teórico record de puntos aquí en ABANCA-RIAZOR, para nós terminar gañando será positivo e gustaríame ser o equipo que máis goles faga e o que menos reciba".

Iso si, advirte que "imos tentar correr o menor risco posible, sabendo que hai xogadores que mañá xogarán que o farán tamén o día do playoff, porque non sabemos onde está o risco, se competindo mañá ou adestrando o domingo pola mañá. É verdade que imos priorizar con determinados xogadores o non partir de inicio mañá, que nos poidan axudar desde outra faceta; tentar, a nivel sobre todo de sancións, correr o menor risco posible".

O técnico deportivista cre que "o equipo chega en bo momento, independentemente do que pasase en Valladolid (a semana pasada) e mañá con Unionistas; pero teño o convencemento de que mañá o equipo fará un bo partido e gañará porque xogamos con #ANOSAFORZA, no noso estadio e só o feito de porche a camiseta, e máis para xogadores que tiveron menos participación este ano e para algún mozo novo, vai ser importante e achegarannos esa ilusión e esas ganas de querer agradar e de querer facelo ben".

Desvela que "aínda non percibín moito a ansia polo playoff. Non chegou ese momento. Nós centrados, como fixemos outras semanas, en sacar esta semana cara a adiante, en tentar gañar para conseguir ser o equipo que máis goles faga, unha puntuación moi alta e seguir nesa dinámica. Para min é o máis importante e tentando que todos terminen o partido sans e que vaia ben".

Explica tamén que "os xogadores que van participar mañá sábeno case desde o inicio da semana. O mércores adestrando, foron moi superiores aos que non van xogar, entón por iso teño moi boas sensacións". "Estou convencido de que as cousas van ir ben, porque os vin adestrar durante a semana e os que van xogar mañá teñen moitísimas ganas de facer as cousas ben, e máis ante #ANOSAFORZA, e máis porque algúns deles tiveron poucas posibilidades. Esa relaxación, que podería existir con xogadores que estean máis pensando no playoff, non a vai a haber", engadiu.

De feito, advirte aos que xoguen mañá que "é un partido moi importante porque se viñan participando pouco mañá teñen oportunidade de mostrarse e o playoff está ao virar a esquina. Imaxinádevos que mañá alguén fai dous, tres goles e vai coa frechiña para arriba, como se di neste deporte. Todas esas cousas son para valorar porque as súas sensacións persoais van ser moi boas e vanlle a permitir chegar a nivel anímico nun moi bo momento ao playoff. Para todos vai ser un partido importante porque o momento da verdade chega en oito días e algún deles pode ter opcións reais. Transmitinllo así e eles demostráronmo durante a semana. Foi unha semana de adestramento rechamante en canto á intensidade, en canto a querer facer as cousas ben. Estou moi contento".

Finalmente, de Unionistas, indica que "é un equipo que que alí xa nos gañou na ida. Iniciamos ben, pero deunos a volta e logo a segunda parte custounos xerar situacións de perigo próximas. Con dominio, pero sen facer nada ou case nada de dano. Cambiou a metade de temporada de adestrador, pero a idea segue sendo a mesma. Ímonos a atopar xogadores dun perfil moi concreto, con bo xogo aéreo, con desequilibrio por fóra, que traballan moito as accións de estratexia, que xa na súa casa puxéronnolo difícil e é deses equipos que os nosos xogadores teñen a espiña cravada do que ocorreu na ida e é outro aliciente máis. Eles veñen xogándose todo, é verdade que depende de bastantes resultados, non só do seu mesmo. Tentaremos facer as cousas ben para poder conseguir os tres puntos".