RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Brillante actuación hoxe venres do Alevín A, clasificado para oitavos de final de LaLiga Promises

O Alevín A, flamante campión galego, exhibiu o seu alto nivel na Primeira Fase da 25ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, organizado pola Fundación José Ramón de la Morena na Cidade Deportiva Pamesa Cerámica de Vilarreal.

FC Barcelona, RC Celta, Real Sociedad e Sevilla foron os primeiros rivais do Alevín A. Só o Barça, e pola mínima (1-0), puido cos xogadores que prepara Roberto Veres. Os demais foron superados por un gran Alevín A, que tamén se adxudicou un #ONOSODERBI en miniatura ante o Celta a 1.000 quilómetros de Galicia.

O equipo branquiazul pasa a oitavos de final como segundo de grupo, por detrás do líder FC Barcelona. O seu rival será o Betis ás 10:00 horas, retransmitido en directo por laSexta. Pola tarde serán os cuartos de final (televisados por Gol). O domingo 3 serán as semifinais (laSexta) e a final.

Os resultados do equipo que prepara Roberto Veres foron os seguintes:

Venres 1 de xuño
Primeira fase
FC BARCELONA 1 - ALEVÍN A 0
SEVILLA 1 - ALEVÍN A 2 (Pablo e Héctor)
CELTA 0 - ALEVÍN A 1 (Adrián)
REAL SOCIEDAD 0 - ALEVÍN A 1 (Adrián)

Sábado 2 de xuño
Oitavos de final
10:00: ALEVÍN A - BETIS (laSexta)