RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, co derbi galego cadete como partido destacado

O derbi galego da División de Honra cadete entre o RC Celta e o Dépor, este sábado 19 de outubro na Madroa (16:30), entre os dous principais aspirantes ao título da categoría, é quizais o partido máis destacado do calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Ambos os equipos chegan ao encontro á fronte da clasificación empatados a 18 puntos, con pleno de vitorias nas 6 xornadas disputadas. Son os máximos goleadores até a data (32 goles os célticos por 24 os deportivistas) e os menos goleados (3 dianas recibidas os vigueses por 0 os coruñeses).

En canto ao resto de categorías, o Fabril repite partido en Abegondo o domingo ás 12:00, esta vez co Rápido de Bouzas como rival.

Luisito espera poder contar con algúns dos futbolistas que a pasada fin de semana viaxaron co Dépor ás Palmas debido ás baixas do primeiro equipo.

Para este encontro, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

En Abegondo a fin de semana haberá outros 3 partidos: 1 o sábado, o Xuvenil A ás 17:00 ante o Sporting de Gijón; e outros 2 o domingo, ademais do Fabril, como son o Cadete B e Infantil A ás 11:00 fronte aos respectivos equipos do Racing de Ferrol.

Competirán nesta ocasión como visitantes o Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:15 na Grela 1 ante o Victoria CF), Xuvenil B (domingo ás 12:30 en Vigo ante o CVC Valladares) e Infantil B (sábado ás 12:30 en Arteixo).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
9ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 20 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. CD Barco, Arosa SC e CD Choco, 16 puntos; 6. Fabril e CD Pontellas, 12 puntos; 8. Silva SD, 11 puntos; 9. Racing Villalbés, CSD Arzúa, UD Ourense e Alondras CF, 10 puntos...

Categoría feminina
6ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de outubro ás 12:15 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: 1. CD Monte e Viajes InterRías FF, 15 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 12 puntos; 4. Victoria FC, 10 puntos; 5. CD Valladares, 9 puntos...

Categoría xuvenil
7ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o sábado 19 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 16 puntos; 2. Real Oviedo, 15 puntos; 3. Sporting de Gijón, 14 puntos; 4. Xuvenil A, 13 puntos; 5. Bansander, 11 puntos; 6. Real Racing Club, 10 puntos...

7ª xornada: CVC VALLADARES - XUVENIL B, o domingo 20 de outubro ás 12:30 no campo da Gándara, Valladares (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: ... 7. CD Areosa e Ourense CF, 9 puntos; 9. UD Ourense, Pontevedra CF e CVC Valladares, 8 puntos; 12. Xuvenil B e SD O Val, 7 puntos; 14. Racing Villalbés e Victoria CF, 4 puntos...

Categoría cadete
7ª xornada: RC CELTA - CADETE A, o sábado 19 de outubro ás 16:30 na Madroa (campo 2)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete A, 18 puntos; 3. CD Lugo, 12 puntos...

7ª xornada: CADETE B - RACING DE FERROL B, o domingo 20 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 16 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos; 3. SD Compostela, 13 puntos...

Categoría infantil
7ª xornada: INFANTIL A - RACING DE FERROL, o domingo 20 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns FC, 18 puntos; 3. Victoria FC e ED Xuventude de Oroso, 13 puntos...

7ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - INFANTIL B, o sábado 19 de outubro ás 12:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B e Victoria CF B, 18 puntos; 3. Ural CF B, 16 puntos; 4. CD Calasanz B, Sporting Cambre e Bergantiños CF B, 12 puntos...

Categoría alevín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 2ª xornada: URAL CF B - ALEVÍN A, o sábado 19 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 2ª xornada: ALEVÍN B - URAL CF A, o sábado 19 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 2.1)

Categoría benxamín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 2ª xornada: CD CALASANZ C - BENXAMÍN A, o sábado 19 de outubro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 2ª xornada: BENXAMÍN B - CD CALASANZ A, o sábado 19 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)