RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con tres partidos na Cidade Deportiva

Esta fin de semana un total de tres equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido ligueiro na Cidade Deportiva: Fabril (domingo ás 12:00), Deportivo ABANCA B (sábado ás 16:30) e Xuvenil A (sábado ás 17:00). Todos eles serán a porta pechada debido á pandemia de COVID-19.

O partido do Xuvenil B, que visitaba o sábado 21 de novembro ao SD O Val en partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo A da Liga Nacional, foi aprazado por un positivo de COVID-19 no equipo naronés. Idéntico caso e solución para o partido do Dépor ABANCA B que debía recibir ao CD Valladares en Abegondo mañá ás 16:30 h.

O Comité de Competición fixará agora unha nova data "o máis próxima no tempo", tal e como afirma o Xuíz Único nas súas resolucións.

O desta fin de semana é o segundo partido consecutivo aprazado ao Xuvenil B tralo do pasado sábado 14 de novembro ante o EF Lalín en Abegondo, esta vez por un positivo de COVID-19 no conxunto dezano.

O calendario de partidos para esta fin de semana é o seguinte:

Terceira División
6ª xornada: FABRIL - CD AS PONTES, o domingo 22 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación do subgrupo A: ... 2. Bergantiños FC, 11 puntos; 3. Viveiro CF, 7 puntos; 4. Fabril, 6 puntos; 5. Racing Villalbés, CSD Arzúa, Silva SD e CD As Pontes, 5 puntos...

Categoría feminina
5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD VALLADARES, aprazado

Categoría xuvenil
4ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 21 de novembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. RC Celta, 7 puntos; 2. CD Lugo, 6 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 5 puntos; 4. Xuvenil A e Pabellón Ourense CF, 4 puntos; 6. CD Conxo Santiago e CD Calasanz, 3 puntos...

Liga Nacional, subgrupo A, 3ª xornada: SD O VAL - XUVENIL B, aprazado