RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 26, 27 e 28 de xaneiro

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres na Cidade Deportiva de Abegondo con tres partidos ligas: Xuvenil B (18:45 horas), Cadete A (18:00 horas) e Infantil A (18:45 horas), os dous primeiros ante o Racing de Ferrol.

Os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

En Segunda División B, o Fabril, terceiro na táboa, visita ao Real Madrid Castilla o domingo ás 19:00 horas.

Tamén compiten fóra de casa o Deportivo ABANCA B (en Sanxenxo ante as Viajes InterRías FF), o Xuvenil A (en Santander fronte ao Bansander), o Cadete B (en Ferrol ante o Racing de Ferrol B) e o Infantil B (na Coruña fronte o Imperátor B).

Esta fin de semana toca descanso para o Alevín B na 2ª xornada da Segunda Fase, posto que o seu rival retirouse da competición.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
23ª xornada: REAL MADRID CASTILLA - FABRIL, o domingo 28 de xaneiro ás 19:00 no Estadio Alfredo Di Stéfano (Valdebebas)
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 47 puntos; 2. Rayo Majadahonda, 43 puntos; 3. Fabril, 41 puntos; 4. Navalcarnero, 38 puntos...

Categoría feminina
18ª xornada: VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 28 de xaneiro ás 17:30 no campo Baltar de Arriba (Sanxenxo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 49 puntos; 2. Atlético Arousana, 41 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 39 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 36 puntos...

Categoría xuvenil
21ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 28 de xaneiro ás 12:30 no campo do Monte (Santander)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 47 puntos; 2. Xuvenil A, 46 puntos; 3. Celta, 43 puntos...

20ª xornada: XUVENIL B - RACING DE FERROL, o venres 26 de xaneiro ás 18:45 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria e Racing de Ferrol, 38 puntos; 5. Xuvenil B, 37 puntos; 6. Rápido de Bouzas, 27 puntos...

Categoría cadete
20ª xornada: CADETE A - RACING DE FERROL, o venres 26 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 55 puntos; 2. Cadete A, 46 puntos; 3. Calasanz, 33 puntos...

20ª xornada: RACING DE FERROL B - CADETE B, o sábado 27 de xaneiro ás 10:00 na Gándara 2
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude Oroso, 44 puntos; 4. Viveiro A, 34 puntos; 5. Cadete B, 33 puntos; 6. Lugo B, 32 puntos; 7. Victoria B, 31 puntos; 8. EF Lalín, 29 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título, 3ª xornada: INFANTIL A - XUVENTUDE DE OROSO, o venres 26 de xaneiro ás 18:45 en Abegondo (campo 6)

22ª xornada: IMPERÁTOR B - INFANTIL B, o domingo 28 de xaneiro ás 11:00 en Elviña
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 47 puntos; 2. Infantil B, 46 puntos; 3. Ural B, 42 puntos...

Categoría alevín
Segunda Fase de Primeira Comarcal, oitavos de final, volta: ALEVÍN A - VICTORIA A, o domingo 28 de xaneiro ás 10:00 na Torre. Na ida: 2-0

Categoría benxamín
4ª xornada: VICTORIA A - BENXAMÍN A, o sábado 27 de xaneiro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Atlético Coruña Montañeros A e Benxamín A, 9 puntos; 3. Obrero A, 7 puntos; 4. Ural A, Calasanz A e Victoria A, 6 puntos...

13ª xornada: BENXAMÍN B - PAIOSACO H. AÑÓN B, o sábado 27 de xaneiro ás 10:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 33 puntos; 2. Victoria C, 28 puntos...