RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con #ONOSODERBI na Copa do Rei xuvenil como encontro destacado

Nova xornada de partidos en #ANOSACANTEIRA nunha semana na que a Cidade Deportiva recibiu un novo recoñecemento, xa que catro futbolistas foron convocados pola selección española sub-19 que dirixe Santi Denia e da sub-17 de Julen Guerrero: Dani Barcia, Noel e Trilli para a primeira; e Mella para a segunda.

Os dous combinados nacionais concentraranse para uns adestramentos en Alfaz del Pi (Alacante) do próximo luns 17 ao mércores 19 de xaneiro, xornada no que ao longo da tarde regresarán á Coruña.

O Fabril volve este sábado 15 de xaneiro en Abegondo ante o CF Noia (17:00 horas) á competición nun accidentado arranque de ano, posto que o primeiro partido oficial para #ANOSACANTEIRA este 2022, o do filial do pasado xoves 6 de xaneiro na Cidade Deportiva ante o Atlético Arnoia, foi aprazado polo Xuíz Único de Competición da Federación Galega de Fútbol debido a COVID-19 no vestiario do Fabril.

O encontro, correspondente á 14ª xornada, xa foi aprazado o pasado 5 de decembro por un caso de COVID-19 aquela vez no equipo ourensán.

Así mesmo, e por esta mesma circunstancia, tamén foi aprazado o choque correspondente á 18ª xornada do Fabril na Magdalena ante o Racing Villalbés, que se ía a disputar o pasado domingo 9 de xaneiro. A Federación confirmou tamén a suspensión de toda a xornada.

Fóra de casa, o sábado en Mareo (16:00 horas), o filial feminino, o Deportivo ABANCA B, visita ao Sporting de Gijón B aínda con sabor agridoce do último encontro ligueiro disputado en Abegondo ante o Viajes InterRías FF. As branquiazuis mereceron mellor sorte que unha derrota, pero impúxose a efectividade do líder do grupo 1º de Primeira Nacional.

Este mesmo sábado 15 xogan ademais case a totalidade de equipos. En Abegondo, unicamente farao o Infantil (11:30 no campo 5) ante o CD Lugo. O resto competirá fóra de casa: o Xuvenil B (12:15) en San Pedro de Visma 1 ante o CD Calasanz; o Cadete (11:00) na Gándara 2 ante o Racing de Ferrol; o Orzán SD Cadete Feminino (16:30) en Ponteareas ante o Sporting Club San Mateo; e o Orzán SD Infantil Feminino (16:00) no Monte (San Tirso) ante o Xuventude de Crendes CF.

Para o domingo 16, ademais do encontro do Orzán SD Xuvenil Feminino nas Eiroas ante o Bergantiños CF (17:00), queda o prato forte da xornada.

O RC Celta será o rival do Xuvenil A nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. Esta primeira rolda copeira será a partido único na Madroa (12:00 horas), campo do mellor clasificado posto que o equipo céltico ten 47 puntos por 42 do Xuvenil A ao termo da primeira volta no grupo 1º da División de Honra.

Finalmente, esta fin de semana tócalle descanso ao Fabril FC Alevín no subgrupo B de Primeira A Coruña e o duelo entre os dous equipos benxamíns nesta xornada do subgrupo A de Primeira A Coruña xogarase o xoves 20 de xaneiro ás 19:30 en Abegondo.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF
19ª xornada: FABRIL - CF NOIA, o sábado 15 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. Rápido de Bouzas e CD Barco, 28 puntos; 6. Fabril (un partido menos), 24 puntos; 7. Racing Villalbés e CSD Arzúa (un partido menos), 22 puntos; 9. Silva SD (dous partidos menos) e Alondras CF, 21 puntos...

Categoría feminina
15ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 15 de xaneiro ás 16:00 en Mareo
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 3. Sárdoma CF e Oviedo Moderno CF B, 26 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 23 puntos; 6. Umia CF, 22 puntos; 7. Victoria CF, 19 puntos...

12ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 16 de xaneiro ás 17:00 nas Eiroas
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. Bergantiños CF (un partido máis), 19 puntos; 2. CD Lugo, 16 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino, 15 puntos; 4. PM Friol B, 11 puntos...

9ª xornada: SPORTING CLUB SAN MATEO - ORZÁN SD CADETE FEMININO, o sábado 15 de xaneiro ás 16:30 no campo do Cruceiro (Ponteareas)
Clasificación da Liga Galega Cadete: ... 2. Sárdoma CF e UD Mos, 19 puntos; 4. Orzán SD Cadete Feminino, 16 puntos; 5. EF Femenino Rosalía, 13 puntos...

9ª xornada: XUVENTUDE DE CRENDES CF - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 15 de xaneiro ás 16:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega Infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF (un partido menos), 18 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino (un partido menos) e Victoria FC, 13 puntos; 4. Xuventude de Crendes CF, 12 puntos; 5. ADC Obradoiro (un partido menos), 6 puntos...

Categoría xuvenil
Dezaseisavos de final da Copa do Rei: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 16 de xaneiro ás 12:00 na Madroa

16ª xornada: CD CALASANZ - XUVENIL B, o sábado 15 de xaneiro ás 12:15 en San Pedro de Visma 1
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 38 puntos; 2. Xuvenil B, 35 puntos; 3. CD Lugo B, 33 puntos; 4. Coruxo FC (un partido menos), 29 puntos...

Categoría cadete
14ª xornada: RACING DE FERROL - CADETE, o sábado 15 de xaneiro ás 11:00 na Gándara 2
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete (un partido menos), 34 puntos; 2. ED Xuventude de Oroso, 26 puntos...

Categoría infantil
13ª xornada: INFANTIL - CD LUGO, o sábado 15 de xaneiro ás 11:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil, 33 puntos; 2. San Tirso SD, 27 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, o sábado 15 de xaneiro ás 11:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Alevín A, 9 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido menos), 6 puntos...

Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo B: 1. Victoria CF, 6 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 4 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 2 puntos; 4. Ural Español CF (dous partidos menos), 1 punto; 5. Oza Juvenil SD (dous partidos menos), 0 puntos

Categoría benxamín
4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - BENXAMÍN A, o xoves 20 de xaneiro ás 19:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Benxamín A, 9 puntos; 2. Victoria CF A (un partido menos), Atlético Coruña Montañeros CF, Fabril FC Benxamín e Ural Español CF, 6 puntos; 6. CD Calasanz, 3 puntos...