RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case 4.000 deportivistas renovaron xa o seu abono online. Renova por internet antes do sábado e conserva o desconto

Até a pasada medianoite 3.833 deportivistas utilizaron o sistema de renovación online do Dépor para facerse co seu carné de socio da Temporada 2018-2019. O método máis cómodo, rápido e sinxelo que permitiu a case 4.000 dos 18.403 socios actuais, ter o seu abono en dous sinxelos pasos en abonos.rcdeportivo.es.  

Hai que lembrar que até o vindeiro venres 10 de agosto (véspera do día en que os abonos do Dépor soben un 5%) para calquera trámite (alta, cambio de asento, ...) que desexe facerse de maneira presencial nas oficinas do Dépor (a Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente este verán á Oficina Principal de Correos en rúa Alcalde Manuel Casás s/n) será obrigatorio ter cita previa, que unicamente se pode solicitar en citaprevia.rcdeportivo.es e para a que apenas quedan ocos dispoñibles.

Por iso, para renovar o abono cos prezos actuais e evitar colas e esperas, o mellor para os socios do Dépor é renovar online enabonos.rcdeportivo.es (calquera día e a calquera hora). Co carné do ano pasado e un cartón de crédito, xa se dispón do carné, listo para a súa recollida 48 horas despois na DéporTienda de Abanca-Riazor ou con envío a domicilio a través de Correos.