Catro futbolistas están a día de hoxe, a 48 horas do encontro ante o Espanyol, de baixa médica: Sidnei, Albentosa, Fede Valverde e Koval.
Adrián adestrouse esta tarde co grupo con normalidade nunha suave sesión. Os Servizos Médicos agardarán ao adestramento de mañá xoves para saber se o dianteiro asturiano está en condicións de entrar finalmente na convocatoria para o partido deste venres no Estadio ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Bein LaLiga).
Tamén Sidnei está desde hai varios días co grupo. O central brasileiro podería recibir a alta médica nos próximos días.
Finalmente, a meta ucraíno Koval alterna tarefas co grupo con exercicios de readaptación, baixo a tutela do readaptador Fran Molano.
Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: