Cinco xogadoras do Deportivo ABANCA, ao Nacional Sub-18 con Galicia
Cinco futbolistas do Deportivo ABANCA foron convocadas pola Selección Galega Sub-18 para participar esta fin de semana na localidade valenciana de Lliria na 1ª Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Teresa Abelleira, Lía, Laura, Antía e Malena converten ao cadro branquiazul no equipo que achega máis xogadoras ao combinado galego, que será dirixido por Joaquín Javier Valbuena.
O calendario de partidos de Galicia, todos eles no campo El Canò, é o seguinte:
Sábado 16 de decembro 12:15: PAIS VASCO - GALICIA (campo 2)
Domingo 17 de decembro 12:15: GALICIA - COMUNIDADE VALENCIANA (campo 1)