RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos dá un paso adiante e acelera a súa posta a punto

Christian Santos dá un paso adiante. O internacional venezolano completou con total normalidade o seu segundo adestramento co grupo, á espera da alta médica a cargo dos Servizos Médicos do Club. Así pois, acelera a súa posta a punto para poñerse canto antes a disposición de Fernando Vázquez.

Precisamente o técnico deportivista dispuxo, após un quecemento con rondos e xogos, unha tarefa de posesión e unha serie de exercicios tácticos con finalizacións para preparar a visita ao AD Alcorcón, este domingo 9 de febreiro no Estadio Santo Domingo (12:00 horas, Movistar LaLiga1).

Un partido a tres cuartas partes do campo 2 puxo o punto e final á sesión, que se prolongou por riba dos 90 minutos e que hoxe contou ademais cos canteiráns Mujaid e Boian.

Tiveron esta mañá adestramento específico Dani Giménez, Salva Ruiz e Sabin Merino, estes dous últimos tamén no céspede.

Mañá venres 7 de febreiro, o cadro está citado de novo en Abegondo para almorzar ás 9:30 e adestrar a partir das 10:30 horas.