Ver rolda de prensa Fabricio Coloccini afirmou esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol que o Deportivo "ten que saír a gañar ao Bernabéu. Somos profesionais e por imaxe do Club". O "cinco" deportivista advirte que o equipo sairá a xogar ao fútbol
O central arxentino, un dos pesos pesados do vestiario, opina que tanto o Real Madrid como o Barcelona son os dous grandes candidatos ao título. "Teño amigos nos dous equipos e alegraríame por eles", opina. Recoñeceu que sente máis cómodo de central, aínda que "o importante é estar dentro da cancha". Por fin, respecto do seu futuro, Coloccini volveu insistir en que o seu desexo é quedar no Deportivo. "E esta decisión para nada está ligada á do adestrador de marcharse ou quedar", aclarou. Iso si, o internacional lembrou unha vez máis que se "chega unha oferta boa que lle interese ao Club e a min estudaríase".